coñecemento Foro • wissen-3.de

coñecemento Foro • Guía BBCode

 

coñecemento Foro

 
coñecemento Foro • gl - Galego • wissen-3.de     gl • Galego  Deutsch |  English |  Galego |  Español |  Português |  Français 

Agora mesmo é Xoves 9. Maio 2024, 09:59


Guía BBCode
Introdución
Que é o BBCode?

Formato do texto
Como crear textos en letra grosa, cursiva e subliñados
Como mudar a cor ou tamaño do texto
Podo combinar etiquetas de formato?

Texto de largo predefinido para citas ou saída de datos
Citar textos en respostas
Datos do código de saída de datos ou do largo predefinido

Xerando listas
Crear lista non ordenada
Crear lista ordenada

Crear ligazóns
Ligar outro sitio

Amosar imaxes nas mensaxes
Pór unha imaxe nunha mensaxe
Engadir adxuntos nunha mensaxe

Outros asuntos
Podo engadir a miña propia etiqueta?

 

Introdución

» Que é o BBCode?
BBCode é unha linguaxe semellante a HTML. Que poidas utilizar o BBCode nas túas mensaxes no foro é decisión do administrador. En calquera caso, podes desactivar o BBCode na mensaxe mediante o formulario de publicación. BBCode é semellante en estilo ao HTML, as etiquetas están pechadas por corchetes [ e ] ou < e > e ofrecen un maior control sobre que e como algo é amosado. Dependendo do patrón de aparencia (template) que esteas a usar, podes atopar que engadir BBCode nas túas mensaxes é máis sinxelo, usando a interface de botóns sobre a área de mensaxe no formulario de publicación. A seguinte guía pode serche de utilidade.

Enriba


Formato do texto

» Como crear textos en letra grosa, cursiva e subliñados
BBCode inclúe etiquetas para permitirche cambiar os estilos básicos do teu texto máis rapidamente. Isto conséguese do seguinte xeito:
  • Para texto groso introdúzao entre [b][/b], ex.

    [b]Ola[/b]

    será Ola
  • Para subliñar [u][/u], por exemplo:

    [u]Bos días[/u]

    será Bos días
  • Para texto en cursiva [i][/i], ex.

    Isto é [i]Xenial![/i]

    será Isto Xenial!

Enriba

» Como mudar a cor ou tamaño do texto
Para variar a cor ou o tamaño dos textos poderás usar as seguintes etiquetas. Ten en conta que a aparencia coa que se amosa depende dos navegadores e do sistema:
  • Cambiar a cor do texto conséguese meténdoo entre[color=][/color]. Podes especificar o nome da cor en inglés (ex. red, blue, yellow etc.) ou o seu valor hexadecimal, ex. #FFFFFF, #000000. Por exemplo, para crear un texto en vermello poderías usar:

    [color=red]Ola![/color]

    ou

    [color=#FF0000]Ola![/color]

    os dous amosarían Ola!
  • Cambiar o tamaño do texto conséguese dun xeito semellante usando [size=][/size]. Esta etiqueta depende da carauta (template) pero o formato recomendado é un valor numérico que representa o tamaño das letras en píxeles, comezando por 1 (tan pequeno que nin se ve) até o 29 (moi grande). Por exemplo:

    [size=9]PEQUENO[/size]

    normalmente será PEQUENO

    mentres:

    [size=24]XIGANTE![/size]

    serXIGANTE!

Enriba

» Podo combinar etiquetas de formato?
Si. Por exemplo, para chamar a atención de alguén podes usar:

[size=200][color=red][b]MÍRAME![/b][/color][/size]

que amosará MÍRAME!

Non che recomendamos pór moito texto deste xeito! Lembra que é responsabilidade túa, do que escribe, asegurarse de que as etiquetas están pechadas correctamente. Por exemplo, sería incorrecto:

[b][u]Isto está mal[/b][/u]

Enriba


Texto de largo predefinido para citas ou saída de datos

» Citar textos en respostas
Hai dúas formas de citar textos, con referencia ou sen ela.
  • Cando utilizas a función Citar para responder a unha mensaxe no foro, decataríaste de que o texto da mensaxe aparece na xanela de escribir mensaxe arrodeado polas etiquetas [quote=""][/quote] block. Este método permíteche citar cunha referencia á persoa ou o que ti escollas pór! Por exemplo, para citar un anaco de texto que escribiu o Sr. Mol, sería

    [quote="Sr. Mol"]O texto do Sr. Mol viría aquí [/quote]

    No texto amosado engádese automaticamente Sr. Mol escribiu: antes do texto. Lembra que debes usar as "" para arrodear o nome de quen estás a citar, son obrigatorias.
  • O segundo método permíteche citar sen referencia. Para facelo, escribe o texto entre as etiquetas [quote][/quote]. Cando vexas a mensaxe só aparecerá Cita: antes do texto.

Enriba

» Datos do código de saída de datos ou do largo predefinido
Se queres crear un fragmento de código ou de feito calquera cousa que requira un largo predefinido, p.e. o tipo de letra Courier, deberías inserir o texto entre etiquetas [code][/code], p.e.

[code]echo "este é algún código";

Calquera formato incluído entre etiquetas [code][/code] consérvase cando o visualizas posteriormente.

Enriba


Xerando listas

» Crear lista non ordenada
BBCode permite dous tipos de lista, ordenadas e non ordenadas. Son as mesmas que se poden crear con HTML. Unha lista non ordenada presenta cada membro de forma secuencial nunha liña marcándoos cun punto. Para crear unha lista non ordenada úsase [list][/list] e defínese cada membro da lista con [*]. Por exemplo para crear unha lista de cores usaríase:

[list]
[*]Vermello
[*]Azul
[*]Amarelo
[/list]

Que orixinaría a seguinte lista:
  • Vermello
  • Azul
  • Amarelo

Enriba

» Crear lista ordenada
O segundo tipo de lista, unha lista ordenada dáche o control sobre o que aparece diante de cada compoñente. Para crear unha lista ordenada usa [list=1][/list] para crear unha lista numerada ou [list=a][/list] para unha lista alfabética. Ao igual que nas listas non ordenadas, cada compoñente especifícase usando [*]. Por exemplo:

[list=1]
[*]Ir de tendas
[*]Mercar patacas
[*]Recoller encargo
[/list]

xerará:
  1. Ir de tendas
  2. Mercar patacas
  3. Recoller encargo
Namentres que para a lista alfabética usarías:

[list=a]
[*]Primeira resposta
[*]Segunda resposta
[*]Terceira resposta
[/list]

dando
  1. Primeira resposta
  2. Segunda resposta
  3. Terceira resposta

Enriba


Crear ligazóns

» Ligar outro sitio
phpBB BBCode permite crear de diversos xeitos URLs (Uniform Resource Indicators) tamén coñecidas coma ligazóns.
  • A primeira forma é mediante a etiqueta [url=][/url] , o que escribas tralo signo = fará que o contido entre as dúas etiquetas sexa unha URL. Por exemplo para a ligazón a phpBB.com poderías usar:

    Visita phpBB!

    Isto xerará a seguinte ligazón, Visite phpBB! Podes comprobar que a ligazón aparecerá nunha nova fiestra, de xeito que o usuario poderá seguir ollando os foros se así o quer.
  • Se queres que a URL apareza como ligazón pódelo facer usando:

    [url]https://www.phpbb.com/[/url]

    Isto xerará a seguinte ligazón, https://www.phpbb.com/
  • Alén diso, phpBB ofrece algo chamado Ligazóns Máxicas, que convirte calquera URL válida nunha ligazón sen que teñas que usar ningunha etiqueta ou incluso sen o cabeceiro https://. Por exemplo escribindo www.phpbb.com na túa mensaxe amosarase automaticamente como www.phpbb.com ao ler a mensaxe.
  • O mesmo pódese aplicar ao enderezo de correo, tamén se pode especificar un enderezo explicitamente, por exemplo:

    [email]ninguen@dominio.adr[/email]

    que amosa ninguen@dominio.adr ou podes só escribir ninguen@dominio.adr na mensaxe que será automaticamente convertida ao ler a mensaxe.
Como co resto das etiquetas BBCode podes inserir as URLs dentro de calquera das outras etiquetas como [img][/img] (ver seguinte entrada), etc. Como nas etiquetas de formato debes asegurarte de seguir a orde correcta de apertura e pechado de etiquetas, por exemplo:

[img]https://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/img]

non correcto, e pode levar a que as túas mensaxes sexan borradas. Ten coidado.

Enriba


Amosar imaxes nas mensaxes

» Pór unha imaxe nunha mensaxe
phpBB BBcode incorpora unha etiqueta para incluír imaxes nas túas mensaxes. Dúas cousas importantes que lembrar ao usar esta etiqueta son, a moitos usuarios non lles gusta ver moitas imaxes nas mensaxes, e a imaxe amosada debe estar dispoñíbel en internet (non pode só existir no teu ordenador por exemplo, a menos que teñas un servidor web!). Actualmente non hai xeito de almacenar imaxes con phpBB (este tema espera ser estudado na seguinte versión de phpBB). Para amosar unha imaxe debes arrodear a URL da imaxe con etiquetas [img][/img]. Por exemplo: :

[img]https://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/img]

Como se di na sección das URL podes inserir unha imaxe nunha etiqueta [url][/url] se así o desexas, ex. .

[url=https://www.phpbb.com/][img]https://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/img][/url]

xeraría :


Enriba

» Engadir adxuntos nunha mensaxe
Agora podes engadir adxuntos en calquera parte dunha mensaxe publicada utilizando a nova etiqueta BBCode [attachment=][/attachment], sempre que a funcionalidade de adxuntos fose previamente activada polo administrador do taboleiro e dispoñas dos permisos axeitados para poder crear adxuntos. Dentro da pantalla de publicación hai unha caixa despregábel para inserir adxuntos en liña.

Enriba


Outros asuntos

» Podo engadir a miña propia etiqueta?
Non, témome que directamente non en phpBB 2.0. Estamos buscando o xeito de ofrecer etiquetas BBCode personalizabeis na seguinte versión

Enriba





 

Kartenlegen
Hilfe bei Liebeskummer


www.miomai.de



 

Hellsehen

hellseher-kartenleger.de



 


Berlin Kartenlegen Privat




Berlin |  Hamburg |  Leipzig |  Wuppertal |  Augsburg |  Freiburg |  Leverkusen |  Trier |  Mainz
Hannover |  Stuttgart |  Würzburg |  Essen |  Bochum |  Solingen |  Bonn |  Dortmund |  Frankfurt
Mannheim |  Düsseldorf |  Wiesbaden |  Nürnberg |  Dresden |  Duisburg |  Köln |  Aachen |  Bremen



 

wissen-3.de |  cuño  |  contacto  |  outras linguas | 



Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
© 2007-2010 Traducido ao galego pola CiberIrmandade da Fala